Tuesday 30 de April de 2024

Laxe acolle este sábado a edición número XII do Magosto e Mostra de Artesanía


• As actividades, que se celebrarán no Pavillón Polideportivo Municipal, darán comezo ás 17:30 horas

• Haberá música ambiental, inchábeis, castañas e bebidas de balde para todas as persoas asistentes

• Ao longo da xornada impartiranse obradoiros de artesanías varias, como cestería, coiro, olería, pintura ou gancho

O Concello de Laxe organiza este sábado, 4 de novembro, en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña, a edición número XII do Magosto e Mostra de Artesanía.

O evento, que se celebrará no Pavillón Polideportivo municipal, dará comezo a partir das 17:30 horas da tarde.

Haberá música ambiental, inchábeis, castañas e bebidas de balde para todas as persoas asistentes. Durante a tarde estarán a disposición de todos os nenos e nenas os Xogos do Paporrubio: xogos autónomos e animados de temática agraria.

Ademáis, ao longo da xornada impartiranse obradoiros de artesanías varias, como cestería, coiro, olería, pintura ou gancho.

Desde o goberno local do Concello de Laxe animan a participar nesta xornada outonal festiva e a achegarse ata o Pavillón Muncipal para degustar as soborosas castañas.